27/04/15

RECOMENDACIÓN LECTORA





Gústanvos os libros de aventuras? E os lobos?

Iago Sobrino, de 4º de ESO recomenda: 


"Colmillo blanco" 
de 
Jack London 


Esta novela narra as aventuras e desventuras dun can lobo chamado Colmillo Blanco, desde que é un cachorro; vivindo nas duras terras de Canadá, ata converterse nun can de peleas, pasando pola súa estancia nunha tribu de nativos americanos.

Ambientada na vida agreste e salvaxe dunha fronteira que transcende o mero carácter físico para converterse en encarnación do conflito entre a natureza e un ser humano alienado a ela; Colmillo Blanco é unha das máis famosas obras de Jack London (1872-1916). Reverso case simétrico de " A chamada da natureza" na historia do can salvaxe que, significativamente, degrádase no seu contacto co home. Atopamos, de feito , colorido pola beleza do gran escenario e unha remota esperanza de redención , preocupacións que rexen toda a obra do autor norteamericano : o choque entre a civilización e a natureza , a loita perpetua entre o ben e o mal , a supervivencia do máis apto , o determinismo xenético ,  a selección natural...





            UN GRAN CLÁSICO DA LITERATURA QUE NON PODEDES PERDER



                            


                                    "Sé coma o lobo...forte na soidade e solidario no grupo" 


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...