19/03/15

35 ANOS SEN FÉLIX




 Resultado de imagen de fundacion felix rodriguez de la fuente cuadernos de campo




  O pasado día 14, fixo 35 anos daquel fatídico accidente no que perdería a súa vida xunto cos seus colaboradores, o cámara, Teodoro Roa ; o axudante, Alberto Mariano Huéscar e o piloto, Warren Dodson.

  Filmaban en Alaska a carreira de trineos con cans Iditarod Trail Sled Dog Race,  máis importante do mundo, cubrindo unha distancia de 1970 Km, entre Anchorage e Nome.

  Gran naturalista e amigo dos animais, Félix Rodríguez de la Fuente, axudou a concienciar á sociedade  sobre o problema medioambiental,  nun tempo no que non se valoraba a conservación da Natureza e  non se tiñan en contan as consecuencias  do gran despegue industrial no noso país.

   Quedarán no recordo de moitos de nós imaxes inesquecibles coma as da "Operación Anaconda", durante unha gran sequía que padeceu Venezuela , ou aquelas nas que unha cabra montés era levada polos aires por un águia real e, coma non podía ser doutro modo, nas que aparecía o que el denominaba "hermano lobo".

  O seu obxectivo era utilizar os seus documentais para educar ao maior número posible de espectadores e ensinarlles coma era de verdade o mundo animal e a relación que tiña o home coa Natureza.

  Algúns dos programas que fixo en Televisión Española tiñan títulos coma estes: "Fauna", "Vida Salvaje", "Planeta Azul", "El Hombre y la Tierra"(nas súas tres series: sudamericana, ibérica e canadense)...acadaron uns altos niveis de audiencia.

  Tamén hai que suliñar que foi decisiva a súa intervención na conservación de especies en perigo de extinción: o Falcón Peregrino,a Águia Real, a Águia Imperial, o Lobo Ibérico e o Lince Ibérico.

  A imaxe dun Lobo Ibérico correndo durante o solpor xunto coa música da cabeceira dos programas, composta por Antón García Abril, converteron esta marca distintiva da súa produción audiovisual nun referente , non só en España, senón tamén en todo o mundo.

  Félix dixo:

  "El hombre no es un ovni venido de una lejana galaxia; el hombre es un poeta tejido con niebla del amanecer, con el color de las flores, con el canto de los pájaros, con el aullido del lobo y el rugido del león".

  
 Sirva esta pequena homenaxe  para lembralo coma o gran amigo dos animais.

 Animámosvos a que vexades algún capítulo dos seus documentais e visitedes a páxina da súa Fundación.   

  http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-hombre-y-la-tierra/
  http://www.felixrodriguezdelafuente.com/

 
Fundación Félix rodriguez de la Fuente

 










Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...