02/02/15

RECOMENDACIÓN LECTORA

Comezamos febreiro coa recomendación lectora dun libro de acción, que nos propón David Lorenzo Gómez, de 4º da ESO.






          EN LLAMAS

         de 

              Suzzane Collins 

         Editorial RBA

Este é o segundo libro da famosa triloxía Los Juegos del Hambre. 

No primeiro libro Katniss Everdeen sobreviviu a Los juegos del hambre. Pero o Capitolio quere vinganza. Contra todo pronóstico,Katniss Everdeen e Peeta Mellark seguen vivos. Aínda que  Katniss debería sentirse aliviada, rumoréase que existe unha rebelión contra o Capitolio, una rebelión que pode que Katniss y Peeta axudaran a inspirar. A nación obsérvaos e hai moito en xogo. Un movemento en falso e as consecuencias serán inimaxinables.





"Este libro é moi apropiado para a xente que lle guste a intriga, posto que na maior parte do libro, a autora consegue que necesites saber o que vai pasar a continuación o antes posible, enganchándote así á lectura. Ideal para a xente que lle guste os libros de aventuras e as novelas de amor tráxico, pois o antagonista está namorado da protagonista e ambos participan na batalla por sobrevivir."

"Eu recoméndolle este libro á xente que lle gusta ler, e sobre todo á que non lle gusta, porque este libro demostra que o importante á hora de escoller un libro non é o número de páxinas, senon que che guste, que a trama che atraia..."

Un dos mellores libros de ficción polas revistas TIME e PEOPLE no 2009.


Adéntrate na aventura gozando coa lectura.








Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...