24/02/15

HOXE É O DÍA DE ROSALÍA


4-rosalia-sellier 





  Coma cada 24 de febreiro, adícaselle este día á nosa Rosalía  conmemorando a data do seu nacemento.

  En moitos lugares de Galicia e, fora dela, lévanse a cabo diferentes actos na súa lembranza.

  No noso cole tamén a honramos escollendo o primeiro poema de "Cantares Gallegos" e ilustrándoo.

  Pero a Casa-Museo da Matanza tamén ten programadas varias actividades.

  http://rosaliadecastro.org/events/dia-de-rosalia-na-casa-museo/

  Rosalía é tan internacional que Google lle adicou a súa páxina de inicio.

  Se queredes, podedes asistir esta tarde á Casa da Matanza e, de seguro, disfrutares coa programación disposta para este día.

   

Día de Rosalía na Casa-Museo

A Fundación Rosalía de Castro celebra o Día de Rosalía (24 de febreiro, día do nacemento da poeta) cun programa especial do Diario Cultural no que se presentará a edición en libro-disco de “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro” que reúne os poemas inéditos escritos por 36 poetas a partir dos que Rosalía de Castro publicou no seu libro Cantares Gallegos.
O acto de presentación desenvolverase o martes 24 de febreiro ás 19:30 horas na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e intervirán Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e Rosa Martínez, directora da Radio Galega.
Lerán os seus poemas os seguintes poetas: Manuel Forcadela, Antía Otero, Arturo Casas, Carmen Blanco, Luis Glez Tosar, Olalla Cociña e Xose María Álvarez Cáccamo.
A crítica literaria Ana Salgado fará unha lectura crítica do libro-CD ‘De Cantares Hoxe’ e María Xesus Nogueira fará unha achegamento ás antoloxías sonoras na poesía galega.
O acto pecharase coa actuación musical de Najla Shami, unha cantora e compositora galego-palestina que publicou en 2013 o libro-disco ‘Na lingua que eu falo’, no que afonda na obra de Rosalía. Unha selección de dez temas que reúne sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico ‘Negra Sombra’.
 

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...