04/11/14

RECOMENDACION LECTORA





A quén lle gusta ler contos de medo? A Lucía, titora de 2º A, encántalle!! e recoméndanos esta historia dunha bruxa que tiña uns dentes de ferro moi afiados.

A BRUXA REGAÑADENTES 
de 
Tina Meroto e Maurizio A.C.Quarello


Os protagonistas deste conto son tres irmáns, os cales, desobedecendo as advertencias da súa nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode acontecer. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar aos dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión, acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida...

Unha historia ideal para ler á beira do lume e gañarlle a batalla aos medos.

Un...dous...tres...non sexas palanquín...lectura para SAMAÍN.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...