14/10/14

RECOMENDACIÓN LECTORA


                 




A primeira recomendación lectora deste novo curso sérvenola Marisa, unha das nosas cociñeiras. 

"Os Bolechas educan a Pepiño Chispa"
de
Pepe Carreiro. 

Os nosos amigos Bolechas xogan a coidar de Chispa coma se fose un meniño. Chamarase Pepiño Chispa e vano educar para que aprenda a comer ben, a lavar as mans e os dentes, a facer exercicio e a deitarse cedo. Así medrará san e forte.
Un interesante conto para aprender bos hábitos e coñecer a pirámide dos alimentos. 
E se queredes divertirvos aínda máis coa familia Bolechas, aquí tedes a súa web saudable. 

Bo proveito lector !!


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...