12/06/13

PREMIOS XERAIS 2013

Xa coñecemos aos gañadores do Premio Xerais que neste ano celebraban a súa 30ª edición
O Premio Xerais de Novela correpondeu a Xabier López pola súa obra Cadeas
O Premio Merlín de Literatura Infantil recibiuno Antonio Fraga pola súa obra O castañeiro de abril 
Se para Antonio Fraga é a primeira obra, Xabier López é un vello coñecido do que xa puidestes ler entre outras, Cando Artur non era reiEn outono poderemos ler estas novas obras, no entanto podemos coñecer máis aos premiados nas entrevistas coas que enlazan os seus nomes.
Parabéns á Editorial Xerais por manter viva esta iniciativa e estes premios que tanto fan pola visibilización e promoción da nosa cultura

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...