14/05/13

RECOMENDACIÓN LECTORA



Esta semana é Amancio, profesor de CC.SS. na ESO quen nos achega a súa recomendación:

“Fortunato de Trasmundi”  
de 
Darío Xohán Cabana 

 Este libro conta a historia dun curioso habitante dun reino oculto e fantástico emprazado na provincia de Lugo formado por Sete Parroquias.
Fortunato é capitán do único equipo de fútbol integramente masculino da liga das Sete Parroquias. Farto de perder ano tras ano na final do campionato fronte o potente e único equipo integramente feminino da liga; decide saír fóra das fronteiras do seu reino e buscar xogadores para reforzar o seu equipo. Xa na Galicia, preséntaselle o dilema de onde buscar, ben ir á Coruña,  ben ir a Vigo. Finalmente opta por ir a Vigo, pois asegúranlle que a canteira do Celta tradicionalmente foi a mellor. Nunha viaxe chea de aventuras chegará ata a cidade olívica coa intención de fichar ou, se fose preciso, secuestrar a un ou varios xogadores do Celta de Vigo.
“Non é o primeiro libro que lin en galego, pero sí o primeiro que lin por iniciativa propia; alá cando andaba polos doce anos. Recordo que me rin moito e incluso o volvín a reler aos catorce ou quince anos “.

Unha lectura fantástica!

 Non a perdades!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...