07/05/13

AUTOR, ACTOR E PÚBLICO DO AQUÍ


O CEIP ADR Castelao de Rianxo foi, por segundo ano, o gañador do concurso de elaboración de materiais sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas. Aproveitamos para felicitar aos nosos veciños e agradecerlles o seu traballo. 

Mentres agardamos polo material impreso, podemos aproveitar o material dixital, xa que elaboraron unha páxina con actividades on-line para Ed. Infantil e Ed. Primaria, ademais de recompilar outros materiais de interese.

Un material fantástico desde a outra beira da ría!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...