23/03/13

RECOMENDACIÓN LECTORA


A recomendación desta semana é moi especial e danos moita alegría: achéganola Patricia que é mestra en prácticas en Educación Infantil e ademais foi alumna do centro hai xa uns aniños:


“Ya no tengo miedo."
Un libro para levantar y mirar
de
Emma Brownjohn
“Todo o mundo ten medo algunha vez, sobre todo os máis cativos. Por iso, recoméndovos este magnífico libro con ventás que trata desde os medos ás arañas, ós bichos e a escuridade ata o medo de parecer diferente ou de durmir fóra da casa.
Este libro contén tamén unhas tarxetas que lles axuda a combatir os seus propios medos e, ao mesmo tempo, axúdanos ós maiores a tratalos con eles. ”

Unha magnífica recomendación que podedes atopar na nosa biblioteca!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...