18/02/13

RECOMENDACIÓN LECTORA


Esta semana é Pilar, profesora de inglés, quen nos achega a súa recomendación lectora:

Sopa de marsopa”  
de Isabel Freire  
Ed. Xerais

 "Neste libro nárranse as aventuras dun atípico detective, Bilbo Bons, polo seu amigo e compañeiro de correrías, o comisario xefe de policía Roncudo Lor.
A primeira aventura da título ó libro e nos presentan a este antihéroe... sabedes o que esto significa? Efectivamente, que non esperedes atopar un detective como os das películas, guapo e maravilloso. Todo o contrario, este é o máis "grande" e gracioso detective da historia, e o único que ten en común co típico detective é a súa curiosidade, tan enorme coma él mesmo.
O libro está escrito para nen@s a partir de 9 anos, pero penso que paga a pena que todos lle botedes un olliño polo menos ás boas ilustracións de Jon Puga. Ademais hai máis libros da mesma autora na vosa ben surtida biblioteca se vos gustase o seu xeito de contar historias.
Se con todo isto nos vos convenzo tal vez o faga o comentario sobre o libro dunha nena de 9 anos chamada Rosa dun colexio de Ourense: " Espero que fagan máis. O personaxe de Bilbo Bons gústame moito e os debuxos son unha pasada!! "

 Unha recomendación estupenda.. 
A que agardas para lelo?



Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...