20/01/13

FINA CASALDERREY, NOVA ACADÉMICA


O pasado venres a Real Academia Galega elixiu a Fina Casalderrey nova académica. É unha noticia da que nos alegramos moito xa que por fin unha autora de literatura infantil e xuvenil formará parte desta prestixiosa institución.Fina Casalderrey será a quinta muller en contar cunha cadeira neste organismo, que sempre tivo unha escasa representación feminina malia as grandes creadoras que temos no noso país. 

Tivemos a sorte de tela con nós o pasado ano, acordádesvos? E sempre é unha boa ocasión de ler algo desta prolífica autora, xa que ten lecturas para todas as idades. Preme na foto para entrar na súa páxina web na que aparece toda a información sobre ela e a súa obra.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...