Sabedes que vai acontecer o 12 do 12 de 2012 ás 12?
En centros de ensino de todo o país estaremos recitando o poema "Deitado frente o mar" de Celso Emilio Ferreiro, como acto simbólico de celebración do centenario do nacemento do poeta celanovés. A CGENDL puxo en marcha esta fermosa iniciativa como homenaxe colectivo a un escritor comprometido coa solidariedade, a xustiza, a terra e a lingua.
O magnífico video de presentación desta iniciativa foi elaborado no IES As Barxas e non o podedes perder, é un traballo magnífico.
Podedes atopar o poema que recitaremos, o video, a música e outros recursos nesta páxina
Ningún comentario:
Publicar un comentario