08/11/12

RECOMENDACIÓN LECTORA

A recomendación lectora desta semana traénola Isabel, a nosa profesora de AL:

" El genial mundo de Tom Gates " 
de Liz Pichon

"Fago esta recomendación por duas cousas: por unha banda porque é un libro escrito polo protagonista, a modo de diario, cunha presentación chea de debuxos mesturados con textos escritos en diferentes tamaños e tipos de letra que invitan a lelo. Por outra banda porque trata temas que resultarán moi cercanos para os rapaces: buscar o xeito de que a rapaza que che gusta se fixe en ti, chinchar a tua irmá, mirar de escaquearse de facer os deberes ou pensar en formar un grupo de rock co teu mellor amigo.
Xa sabedes! leédeo... se queredes troncharvos coa risa."

Este libro foi galardonado no 2011 co ROALD DAHL FUNNY PRIZE, que é un premio que se lle concede no Reino Unido ao libro máis divertido do ano.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...