02/12/12

O ALUMNADO RECOMENDA LER...

Hoxe estreamos sección! 
A partir de hoxe e cada semana, un/ha de vós recomendaranos un libro para ler, seguro que descubrimos moitas lecturas interesantes!
Esta semana é Nerea quen nos convida a ler "Malena Ballena" de  Davide Cali que foi galardoado co Premio Libro Kirico 2010 por ser unha historia de superación de complexos escrita con humor. 
Nerea dinos do libro : "A protagonista chámase Malena. Na piscina as súas compañeiras ríanse dela porque pesaba moito. Pero un día o monitor de natación ensinoulle un truco e a súa vida comezou a cambiar...
Gustoume este libro porque a protagonista consegue superar o seu problema, e aceptarse a si mesma sen importarlle o que pensen os demais."
Grazas a Nerea pola súa recomendación.
Seguro que a ti tamén che gustaron moitos libros e queres facer a túa recomendación. Escríbea e entréganola na Biblioteca para que tod@s a poidamos coñecer

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...