09/11/12

IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA: LER PARA VER

Os días 9 e 10 de novembro celébranse as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, unha cita ineludible para todos os docentes comprometidos coas bibliotecas escolares e a lectura na que nós non faltaremos. 

Nesta edición o lema é LER PARA VER e traballaremos sobre a necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de coomunicación. Haberá expert@s e tamén exemplos de boas prácticas que se están a levar a cabo en moitos centros de ensino públicos en Galicia. Pódense seguir as xornadas a través desta páxina e aquí podedes consultar o programa.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...