30/10/12

CONCURSO DE RELATOS "CIENCIA QUE CONTA"


Xa está convocado o 5º Concurso de relatos "Ciencia que conta" convocado polo grupo Divulgatia da Universidade de Vigo. 
Neste concurso poden presentarse, entre outros, alumn@s de educación primaria e secundaria que escreban un relato orixinal en galego sobre un tema relacionado coa ciencia: nas bases  do concurso aparecen suxestións de posibles temas. Tedes ata o 16 de novembro para presentar os vosos traballos e se precisades algunha axuda xa sabedes que podedes pasar pola biblioteca. 
Non deixes pasar esta ocasión!
A escribir!


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...