08/10/12

APRENDENDO INGLÉS!

Como sabedes, este ano estreamos sección bilingüe de inglés en varios cursos de primaria e secundaria, así que a biblioteca adquiriu fondos nesta lingua para colaborar coa aprendizaxe desta lingua... e son libros chulísimos! Algúns deles son bilingües inglés-galego, outros inglés-castelán e algúns máis só en inglés, ti decides. Achégate polo andel de linguas estranxeiras e escolle o teu favorito.
E para que aprendas xogando, aquí temos unha web estupenda para practicar inglés e xogar ao mesmo tempo. E se queres consultar algo aquí tes un super diccionario para que sempre podas consultar as dúbidas

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...