17/09/12

BIBLIOTECA ESCOLAR: ACELERADOR DE INNOVACIÓN

Comezamos un ano máis!

E aproveitamos o fantástico cartel realizado por Andrés Meixide para as Bibliotecas Escolares que resume moi ben que é o que somos: aceleradores de innovación, porque cando unha biblioteca se activa xenera actividades e formas de traballar máis colaborativas coas que construir máis e mellor coñecemento. O importante da biblioteca non é o espazo senón a actitude. Utilizando as palabras de presentación da Asesoría de Bibliotecas Escolares: 

"cando a biblioteca se activa, arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa"

BENVIDAS E BENVIDOS, AS PORTAS DA BIBLIOTECA ESTÁN ABERTAS PARA TOD@S!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...