Os días 14, 15 e 16 de Maio tivo lugar en Bruxelas a reunión anual do CONFINT: Conferencia Internacional Infanto-Juvenil-Cuidemos el Planeta.
A esta conferencia asisten mozos e mozas representando aos seus países respectivos e nela poñen en común as súas experiencias sobre os desafíos socio-ambientais contemporáneos.
Previamente desenvolveuse un traballo nos centros de ensino ou comunidade onde se puxeron en práctica diversas accións sobre educación ambiental e desenvolvemento sostible. Estas experiencias compartíronse previamente entre os centros galegos participantes nunha reunión en Santiago, á cal asistiron representantes do noso colexio que, como sabedes, vén desenvolvendo este traballo a través do proxecto de Axenda 21.
De entre os participantes galegos escolléronse representantes para asistir á reunión celebrada en Vitoria/Gasteiz na que se xuntaron os centros de todo o estado que participaban. A esta reunión estatal asistiron tres alumnas do noso centro formando parte da delegación galega : Marta, Rocío e Yaiza de 3º de ESO.
Na reunión da CONFINT en Vitoria/Gasteiz elixiuse unha representante para que asisitira en representación de todos os participantes do estado á reunión internacional que se celebrou en Bruxelas. E a representante elixida foi a nosa Rocío de 3º de ESO!
Ela contounos a súa magnífica experiencia en Bruxelas, na que puido intercambiar aprendizaxes con mozos e mozas doutros países europeos tanto das actividades que se estaban realizando en cada comunidade como tamén da propia cultura. Pero ademais de coñecerse, practicar inglés e francés, aprender dos demais e tamén divertirse, fixeron un excelente traballo elaborando unha Carta aberta aos responsables de políticas
Un orgullo para o noso centro e os nosos parabéns a Rocío e ás demais participantes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario