A nosa última recomendación lectora do curso traénola Andrés, profesor de inglés:
"El taller de los libros prohibidos"
de Eduardo Roca
"Está ambientada en Colonia (Alemaña) na primeira metade do século XV e móstranos ese período de tempo previo á invención da imprenta, onde o saber estaba nas mans duns poucos e a súa difusión puña en perigo a aquelas persoas que intentaban que esa difusión chegase a todo o mundo. Pero como en todo cambio histórico, un grupo de persoas enfróntase ao poder establecido, sobre todo á Igrexa Católica, para que pouco a pouco se fora xeneralizando a difusión cultural a través dos libros, pois iso foi o que supuxo a invención da imprenta"
Unha boa recomendación para os maiores da casa e todos os adultos neste verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario