Esta semana é Jose Antonio, profesor de Educación Plástica na ESO quen nos fai a recomendación lectora:
de Muriel Barbery
"A elegancia do ourizo, é unha novela que te vai atrapando pouco a pouco gracias a un estilo sinxelo e ao mesmo tempo estético que che fai gozar da lectura como simple acto mecánico.
O argumento introdúcenos na vida cotiá dos habitantes dun edificio parisino a través dos ollos da súa porteira, Renée, quen nos fai ver a vida desde outro punto de vista no que a felicidade acádase a través das pequenas cousas do día a día, e non coas grandes metas que nos autoimpoñemos e que consumen gran parte da nosa enerxía.
Unha lectura amena e que pode chegar a emocionarte".
Unha moi boa recomendación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario