Coa coincidencia na mesma semana do Día Mundial do Teatro e o remate das actividades do trimestre, dispuxémonos a celebralo cunha sesión especial de teatro, neste caso en francés e representado polo alumnado de 3º de ESO: aprendemos as mil e unha formas de dicir unha mala nota e tamén como os contos cambiaron moito e as personaxes tradicionais do mais cambiadas!
Pasámolo moi ben e @s alumn@s de 3º de francés reveláronse como magníficos actores e actrices!
Se premes na imaxe poderás ver as fotos das representacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario