A pasada semana tivemos o luxo de contar coa presenza de "Oli", escritor, traductor e editor.
Na súa faceta de escritor acompañounos para comentar o libro "Leocadio o león" que lera o alumnado de 2º de Ed. primaria pero tamén aproveitamos para comentar algúns dos outros libros dos que é autor: "Once damas atrevidas", "O pirata pata de lata", "Iria e a lúa" ou "Artur".
Foi un pracer coñecer ao autor de libros de tanta calidade e que tanto nos gustan, agardamos pronto outra visita para compartir máis lecturas!
Se premes na imaxe poderás ver máis fotos da sesión
Ningún comentario:
Publicar un comentario