Esta semana é Nine quen nos recomenda unha lectura:
Indignádevos!
de Stéphane Hessel,
un breve libro con prólogo de Manuel Rivas onde o seu autor, un resistente francés, explica todas as razóns que temos para indignarnos coa realidade que vivimos:
"Deséxovos a todos, a cada un de vós, que teñades razóns para vos indignar. Cando algo nos indigna, como a min me indignou o nazismo, tornámonos militantes, fortes e comprometidos; unímonos a esa corrente da historia e a gran corrente da historia desenvólvese grazas a cada un de nós. E esa corrente encamíñase cara a unha maior xustiza e unha maior liberdade, pero non á liberdade incontrolada do raposo no galiñeiro. Eses dereitos, cuxa Declaración Universal se redactou en 1948, son universais. Se atopades alguén que non goce deles, compadecédeo e axudádeo a acadalos"
Ningún comentario:
Publicar un comentario