07/03/12

CARTAS DE AMOR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde hai uns días temos no noso centro a exposición 
"Cartas de amor 
15 artistas contra a violencia de xénero"
Que mellor que aproveitar este 8 de marzo e que estamos traballando coa banda deseñada para mostrar a obra de 15 artistas galegos que presentan unha ilustración contra a violencia de xénero. Miguel Calatayud ou Paco Roca, premios nacionais de ilustración comparten a mostra con importantes figuras con orixe catoirense como Fausto Isorna ou Anxos Sumay.
Nesta presentación realizada no IES Poeta Añón podedes ver todos os paneis da exposición e os autores dos mesmos.
Unha oportunidade para coñecer @s ilustrador@s galegos e para reflexionar con cada unha das imaxes neste 8 de marzo! 

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...