28/02/12

ALUMNAS DE ROIS GAÑADORAS EUROPEAS DO CONCURSO "YOUTUBE SPACE LAB"



Laura Calvo e María Viñas, dúas alumnas de 4º de ESO do CPI dos Dices de Rois, foron escollidas como gañadoras europeas do concurso "Youtube Space Lab". Este concurso, realizado coa colaboración da ESA (Axencia Espacial Europea) e a NASA, consiste en deseñar experimentos que poidan ser realizados a bordo da Estación Espacial Internacional (ISS). O equipo de Rois propuxo o experimento "Surfactants in microgravity" para estudar que ocorre cando aceite, auga e xabrón se mesturan sen gravedade.

Moitos parabéns ás alumnas, ao profesorado implicado e ao centro, que nos demostran unha vez máis que nos centros pequenos tamén se fan cousas grandes e sobre todo que nos centros de ensino públicos traballamos para que o alumnado de toda orixe e condición teña oportunidades de formarse e, coma neste caso, acabar representando a Europa, Oriente Medio e África na final mundial deste concurso. 

Moitos parabéns ao Centro Público Integrado de Rois e á súa comunidade educativa!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...