Esta semana é Cristina, profesora de Ciencias Sociais na ESO quen nos fai a recomendación lectora:
"A miña recomendación de lectura é para o libro
Qué me queres amor? de Manuel Rivas.
Gústame porque é un libro de contos e eu adoro os libros de contos. Moitos escritores consideran que os contos son relatos menores comparado coas novelas. Eu non penso iso. Para mín son a concentración do esencial, adoitan ser creativos, suxerentes e ademáis cos tempos de présa que temos son a lectura ideal.
Este libro publicouse no 1995, gañou varios premios como o Premio Nacional de Narrativa e o Torrente Ballester. Ademáis un dos dezaséis contos do libro inspirou a película "La lengua de las mariposas" de José Luis Cuerda.
Xa sabes, non hai escusa para non ler"
1 comentario:
ESta profe é unha gran lectora porque pasou por Silleda!!! :D Mooitos saúdos
Publicar un comentario