"
Matrioska " de Dimiter Inkiov
As
Matrioskas son bonecas de madeira que no seu interior teñen
outras bonecas de menor tamaño. Están feitas con
madeira de tilo e pintadas á man. Son símbolo de
fertilidade e abundancia.
"Recomendo
este conto popular ruso por ser un libro entretido, escrito con
sinxelas palabras cheas de sorpresas e humor, que nos achegan ao
misterio da vida, destacando valores como a comprensión, o
traballo feito con esmero, a responsiblidade e o amor. Libro
que arrincará sorrisos en lectores pequenos e maiores"
Ningún comentario:
Publicar un comentario