Como neste trimestre estamos traballando as culturas do mundo no noso proxecto "Un paseo por Babel", fixemos unha recompilación do material que está á vosa disposición na Biblioteca para coñecer cómo vive e qué pensan as persoas en todas partes do mundo.
Como podes ver no documento temos todo tipo de material ademais do noso globo terráqueo interactivo: libros sobre a roupa, a comida, as casas; libros con música, biografías, contos tradicionais; receitas, guías de viaxe e lecturas para todas as idades.
Preme no documento e escolle a túa lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario