Desde a pasada semana e ata as vacacións de Nadal temos na nosa Biblioteca unha exposición fantástica cedida polo IES Illa de Arousa, a quen lle agradecemos moito que comparta con nós este magnífico traballo. Nesta exposición podemos atopar xornais dos lugares máis diversos do planeta e tamén moita información sobre as linguas, os falantes e os países.
Xa sabes poñer o teu nome en chinés?
Cal é a palabra máis longa de todas as linguas?
Investiga e coméntanolo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario