Esta semana tivemos unha gran alegría ao saber que 6 bibliotecas galegas foran premiadas no Concurso Nacional de Boas Prácticas convocado polo Ministerio de Educación.
O primeiro premio foron para os nosos amigos do CEIP A Lama que desenvolven un traballo excepcional no seu centro e tamén nos alegramos especialmente polos nosos veciños do CEIP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña que tanto tempo e tan ben levan traballando. E a todos os demais por suposto, un índice máis do enorme nivel das bibliotecas galegas que traballamos colaborativamente. Toda a información no blog de Bibliotecas Escolares
Unha alegría compartida e moitos parabéns ás bibliotecas premiadas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario