Estes días pasados tivemos a oportunidade de asistir ao Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito onde se deron cita expert@s sobre a lectura e as bibliotecas, responsables autonómicos e do Ministerio e docentes de todas partes do estado que viñeron compartir experiencias e reflexionar sobre estes momentos de cambio.
Se premes na imaxe podedes acceder a todas ás ponencias e experiencias, entre os que destacamos os nomes de Michèle Petit, Gloria Durban ou Javier Celaya e por suposto a experiencia galega relatada por Cristina Novoa e a dos centros galegos como os de Anxos Rial ou Loli Lago.
Unha experiencia fantástica de aprender e compartir onde, unha vez máis, quedou de manifesto o papel punteiro das Bibliotecas Escolares Galegas.
2 comentarios:
VAIA! Nunca pensei ver o meu nome impreso ao lado do de M. Petit,moito nos valoraasss.
Graciñaass
Que se vaian preparando as expertas mundiais de lectura coa materia prima que temos aquí!
Grazas a ti!
Publicar un comentario