29/10/11

RECOMENDACIÓN LECTORA

Esta semana a recomendación chega da man de Carlos, profesor de Educación Física na ESO. 
É unha recomendación especial porque neste caso é lectura de imaxes: "LIFE" documental sobre a natureza producido pola BBC.

 "Impresionante filmación utilizando técnicas cinematográficas que farán que pasedes uns momentos incribles. Son 130 historias de supervivenza animal que repasan todas as familias da nosa fauna terrestre."

Tédelo á vosa disposición na Biblioteca!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...