02/06/11

RECOMENDACIÓN LECTORA

A recomendación lectora desta semana vén da man de Rosa, titora de 4º de Ed. Primaria: "Os dous de sempre" de Castelao.
"Recomendo este libro porque é un dos primeiros que lin en galego e volvín ler anos despois varias veces.
Gústame moito porque é moi ameno, con capítulos breves e desenlace propio e sobre todo, polo afán de superación de Rañolas, un neno activo e ambicioso, a pesar da súa discapacidade física, fronte a Pedriño, un neno pasivo e conformista, cuxa única ambición é comer moito traballando o menos posible."

A que agardas para coñecer a historia de Rañolas e Pedriño?

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...