12/06/11

PREMIOS XERAIS 2011


Un ano máis, a editorial Xerais entregou os seus premios literarios nunha gala celebrada na Illa de San Simón. Nesta gala, na que Mª Xosé Queizán actuou como mantedora literaria e O Leo i Arremecághona encargouse da animación músico-literaria, resultaron gañadores dos distintos premios:

Xavier Queipo con "Extramunde" 
Premio Xerais de Novela

Héctor Carré con "Febre" 
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil

Anxo Fariña con "A chave da Atlántida" 
Premio Merlín de Literatura Infantil

Parabéns aos premiados! 

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...