06/06/11

ASTRONOMÍA E MITOLOXÍA

Esta é unha semana moi especial!

Temos fermosas historias nos libros seleccionados na Biblioteca que nos falan das estrelas, das constelacións, do universo... e tamén dos mitos que ó longo da historia que lle foron dando nome. O alumnado da ESO traballou sobre os mitos e as constelacións e o resultado podédelo ver na Biblioteca.

Non podedes perder a interesante charla na que Salva Bará -astrónomo e físico- nos falará dos mitos e das estrelas o MERCORES ás 21:00. Ao remate poñeremos en práctica o que aprendemos cunha observación nocturna dos ceos.

AGARDÁMOSVOS O MÉRCORES ÁS 21:00!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...