Desta volta é María L. Pais quen nos recomenda unha lectura :
"Sempre en Galiza" de Castelao.
"Sempre en Galiza" de Castelao.
"Paréceme a obra fundamental da literatura galega. Castelao plasma a visión que ten de Galicia como país, as posibilidades que ve de mellora no futuro e os atrancos que sofre no seu desenvolvemento como o feito de ter que publicar esta obra no seu exilio na Arxentina.
Xa en 1944, Castelao defendía o dereito dos galegos a decidiren o seu futuro, potenciando a nosa lingua e criticando aos mais ricos e defendendo unha Galicia máis xusta, temas moi de actualidade nestes días."
Ningún comentario:
Publicar un comentario