03/05/11

RECOMENDACIÓN LECTORA

Hoxe é Pilar, titora de 5º B quen nos fai a recomendación lectora: "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, documento vivo da Galicia rural de hai corenta anos ou máis, este libro vive nas mans conmovidas dos lectores ou no territorio das nosas mellores lembranzas porque é, máis alá dunha canción solidaria, unha traballada e fermosa obra de arte.
"Decidínme por esta novela, non só por ser unha das miñas primeiras lecturas en galego, senón tamén polas añoranzas que me trae dos tempos da miña infancia. É por isto,polo que lle recomendo aos nenos/as a súa lectura. Para que coñezan o mundo rural dos seus devanceiros"

E ti, ¿coñeces o libro? ¿gustouche? 

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...