17/05/11

AS BIBLIOTECAS GALEGAS SALVAMOS LIBROS DA NOSA LITERATURA


SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?


Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.


Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Queremos dar  moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade. Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí. Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade



salvandogrande

Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos. Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.


Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.


Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil




 Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria


Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura



  ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:







Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...