Estivemos nos Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares o pasado venres en Santiago de Compostela. Ademais de aprender moito do bo facer das bibliotecas escolares galega que estaban nos encontros, tamén tivemos oportunidade de aprender de dúas estudiosas das bibliotecas (Mónica Baró e Teresa Mañá) e de rir e emocionarnos cun broche final de luxo: Don Xosé Neira Vilas.
E desde O Segrel do Penedo, unha estupenda reportaxe fotográfica do que utilizamos algún material. ¡Moitas grazas!
2 comentarios:
Graciñas pola referencia. Para nós é un verdadeiro placer figurar nos blogs amigos aos que seguimos e admiramos.
Apertas de mel dende Fene!!
Un pracer e unha sorte contar con vós !
Apertas viquingas!
Publicar un comentario