21/03/11

RECOMENDACIÓN LECTORA

J. M. Vigo recoméndanos a lectura dun gran libro:
"Historia de una maestra"
de Josefina Aldecoa
Este libro é parte dunha triloxía que se completa con "Mujeres de negro" e "La fuerza del destino". O profesor Vigo fálanos desta obra e da súa autora:
"Josefina Aldecoa, mestra de mestres, rebelde e inconformista, escritora, pedagoga, criada nos valores da Institución Libre de Enseñanza sempre defendeu unha educación baseada na liberdade e no respecto ao alumno. Foi toda unha ousadía na España franquista. Xa na democracia seguía a pensar que o ensino non era aberto e laico abondo por iso se decidiu a escribir comezando por esta novela de obrigada lectura para todos aqueles que no futuro pretendan dedicarse á profesión que ela tanto quixo: o ensino".

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...