23/02/11

RECOMENDACIÓN LECTORA

A recomendación lectora desta semana faina Ana, profesora de lingua e literatura castellana e xefa de estudios de secundaria.
Recoméndanos "Poesía para jóvenes" de Mario Benedetti.
"O que ten de especial Benedetti é que lle fala directamente ao corazón. Cando nós non sabemos contar o que sentimos atopamos unha poesía del que o expresa con claridade, con tenrura, con sinxeleza. Por iso as súas poesías apréndense de memoria, axudan a conquistar á persoa que queremos, axudan a entender o que sentimos... e unha vez lidas xa forman parte de nós e nunca se esquecen"


1 comentario:

Ronsel dixo...

Nótase que estudamos xuntas e que compartimos lecturas! Saúdos

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...