As Bibliotecas Escolares Galegas estamos de noraboa! Nada menos que OITO premios no concurso nacional de boas practicas nas Bibliotecas Escolares.
Os centros premiados nas diferentes categorias foron os seguintes:
Os centros premiados nas diferentes categorias foron os seguintes:
PREMIOS INFANTIL / PRIMARIA
1º Premio
Mestra Clara Torres.Tui (Pontevedra)
2º Premio
CPI Tino Grandío. Guntín (Lugo)
CPI Cervo. Cervo (Lugo)
3º Premio
CPI Os Muíños. Muxía (A Coruña)
CEIP Quintela. Moaña (Pontevedra)
Mestra Clara Torres.Tui (Pontevedra)
2º Premio
CPI Tino Grandío. Guntín (Lugo)
CPI Cervo. Cervo (Lugo)
3º Premio
CPI Os Muíños. Muxía (A Coruña)
CEIP Quintela. Moaña (Pontevedra)
PREMIOS SECUNDARIA
2º Premio
IES de Fene. Fene (A Coruña)
IES Monterroso. Monterroso (Lugo)
3º Premio
IES Manuel Antonio. Vigo (Pontevedra)
IES de Fene. Fene (A Coruña)
IES Monterroso. Monterroso (Lugo)
3º Premio
IES Manuel Antonio. Vigo (Pontevedra)
Estes merecidisimos premios son posibles grazas ao traballo continuado e cooperativo d@s compañeir@s das Bibliotecas Escolares de Galicia e tamén das persoas que están á fronte da Asesoria das Bibliotecas Escolares. Moito traballo pouco recoñecido que empeza a verse e apreciarse.
Moitos parabéns a todas as bibliotecas premiadas!!
3 comentarios:
Grazas compañeir@s, polas vosas felicitacións, pero eu digo que o premio é para todas as BE de Galicia, porque unhas aprendemos das outras e porque por aí adiante hai moita xente traballando ben e moito!!! Así que ánimo e a presentarse para os vindeiros premios!!!
Unha aperta de María, dende Cervo.
Grazas mil. Este ano os premios do MEC falarán en Galego!!
Apertas de mel dende Fene
Un orgullo e unha alegria para nós, as Bibliotecas Escolares Galegas non poderian estar mellor representadas. Este ano falarán en galego e falarán ben!
Publicar un comentario