26/10/10

RECOMENDACIÓN LECTORA


Hoxe é Marisel, titora de 6º de Ed. Primaria, quen nos trae a recomendación lectora
Que lectura nos recomendas?
Propóñovos o libro de Raimundo García Domínguez, "Borobó”, titulado "CATOIRA SUR LE ULLA"
A quen lle recomendas esta lectura?
A tod@s aquel@s que, ainda que non lles guste demasiado a historia, queiran saber algo sobre feitos acontecidos en Catoira
Que salientarias deste libro?
Dende a súa maneira tan peculiar de facer xornalismo, o seu autor, Borobó, fai neste libro unha recopilación de Anacos publicados en distintos xornais , pero que todos teñen como eixe principal a Catoira. Neles relatanos acontecementos singulares, crónicas cotiás de diversa temática, todos elas baseadas na vida real de persoeiros que, por diferentes motivos, forman parte da historia local deste Concello. Mesturando elementos reais con elementos de ficción, fai que a súa lectura sexa entretida e que nos sintamos partícipes destas peripecias.

1 comentario:

Anónimo dixo...

O libro de catoira sur de ulla é extraordinario, é un dos "non moitos" libros publicados dende catoira e para catoira.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...