14/10/10

RECOMENDACIÓN LECTORA


A nosa recomendación esta semana vén da man de María, a nosa profe dos peques de 5 anos en Educación Infantil.
Que libro nos recomendas ler?
Recoméndovos a lectura de “La catedral del mar" de Ildefonso Falcones. É unha boa lectura para quen estea interesado/a en ir coñecendo a historia do seu pais dunha maneira moi amena.
Que ten de especial este libro para recomendalo?
Porque é unha novela na que se mezclan diferentes valores: esforzo e lealdade con vinganza, amor e traición, ambición material e bondade… nunha época feudal marcada por un gran poder relixioso e a clara diferenciación de clases sociais. Ademais amosa a situación de sumisión na que vivían as mulleres nesa época, facéndoche analizar o que mellorou esa situación co paso do tempo.
E ti, liches o libro? Que che pareceu?

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...