29/09/10

RECOMENDACIÓN LECTORA



Como seguramente ti tamén tes un libro que che gustou moito, imos ir preguntado polo cole: e ti, que libro recomendarías?


Hoxe comezamos preguntándolle á nosa querida directora:

Emilia, que lectura recomendas?
Recomendo a lectura do libro "La clave secreta del universo" de Lucy e Stephen Hawkings. É unha lectura recomendable desde os 8 aos 99 anos.


Que a fai tan recomendable?
É un libro que pode ter diferentes lecturas dependendo da idade e a cada unha delas lle aporta algo diferente, e porque " con unha historia fascinante, vas descubrindo de forma moi sinxela, pero con fundamento, o marabilloso mundo das estrelas"

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Ola, Emilia:

A lectura que nos propós parécenos moi interesante. ¿Poderías traer un día o libro á clase e falarnos máis del?
¡Graciñas!

As túas alumnas e alumnos de PDC

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...