11/03/10

FRAN ALONSO VEU DE VISITA

Fran Alonso (Vigo, 1963) é escritor, xornalista e editor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, na actualidade exerce como Subdirector para a Edición Xeral en Xerais e, desde 2006, ocupa o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editores. Tamén foi membro da directiva do Pen Club de Galicia. Durante varios anos colaborou semanalmente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia e posteriormente nas páxinas de cultura do diario El País. Desde hai anos, mantén unha columna no semanario A Nosa Terra e anima o seu blog Cabrafanada.

Como escritor, publicou máis de 17 títulos e concedéronselle premios como o Blanco Amor de Novela, o Losada Diéguez á mellor obra literaria de 1998, o Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil ao mellor libro do ano, e a distinción White Ravens da Biblioteca Internacional de Múnic. A súa obra abarca a narrativa, a poesía, a literatura infantil e xuvenil e o xornalismo.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...