27/03/21

Recomendacións lectoras pascua

Que mellor plan para estes días de descanso que unha boa lectura para desfrutar deste soliño...aquí tes donde elexir!!!






 

12/03/21

8 de marzo: Día da muller

 Este ano engadimos á importancia que xa ten de por sí mesmo este día, a celebración do 1º Premio acadado no Certame da Xunta para o 8 de marzo. 

O pasado venres 5 a mestra de 1º Ana Gómez acompañada da alumna Julia Ferreirós García e do alumno Iker Hernández Lorenzo foron a Santiago á gala de entrega de premios.

O mesmo día 8 tivemos a visita do Xefe Territorial de Educación D. César Pérez Ares acompañado polo Delegado da Xunta en Pontevedra D. Luís López Diéguez e polo Alcalde de Catoira D. Alberto García García. Nesta recepción  que tivo lugar na biblioteca do centro, os tres se amosaron moi agarimosos cos cativos e eles, como era de esperar,  fachendosos do éxito acadado explicáronlle o significado do seu traballo. 

Aquí tedes un resumo do que aconteceu. Son para comelos a bicos!!!



Día de Rosalía

Aquí vos deixamos algunhas actividades que se levaron a cabo  o 24 de febrerio con motivo do Día de Rosalía.

Ata tivemos a visita da mesmísima Rosalía de Castro, da man de Tero Rodríguez, membra do grupo de teatro Os Quinquilláns e veciña de Catoira.



11/03/21

A Candeloria

 Como pasou con outras datas –por exemplo, coa noite de San Xoán–, a Igrexa acabou cristianizando a celebración pagá que tiña lugar o 2 de febreiro: o día da Candeloria.
orixe da celebración habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza. Sería o ritual do lume coas súas virtudes protectoras e afastadoras de desgrazas.
Xa na antiga Roma se celebraba a festa do lume e na honra da fertilidade (as Lupercais). Nela había unha procesión con candeas acendidas toda a noite. Será no ano 492 cando o Papa Xelasio I prohiba a celebración pagá das Lupercais e crea a festa da Purificación da Virxe María, na que hai unha procesión dentro da igrexa con candeas benditas.
O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos –non anda lonxe a primavera–, fai que a data da Candeloria adquire outro simbolismo: acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños: “Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola”Luís Amado Carballo, en Proel –1927–, incluíu un poema titulado “A Candeloria”.


Así de fermoso quedou o edificio da ESO decorado polo seu alumnado.



02/03/21

1º premio certame 8 de marzo



Dun total de 123 propostas, o xurado integrado por representantes da Xunta, da CRTVG, do Colexio Profesional de Xornalistas e das axencias de publicidade; e presidido pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, acordaron que o alumnado de 1º de EP de Catoira co seu cartaz,  resultase gañador do certame da Xunta para o 8 de marzo.

Título da obra: ” Camiñando en prol da igualdade”

Slogan: Pasiño a pasiño en prol da igualdade.

 

As pegadas de cores describindo un camiño simbolizan o esforzo, a dedicación e o traballo que tiveron e teñen que facer as mulleres para ter os mesmos dereitos e oportunidades que os homes.

O debuxo da muller coa pancarta é un guiño a todas as mulleres e tamén trata de mostrar a necesidade de darlle máis visibilidade aos referentes feminimos e crear un legado feminino.

É unha maneira de reflexar que é necesario darlle máis VISIBILIDADE aos logros e as aportacións que as mulleres fixeron e fan á sociedade, e que, por desgraza, ás veces quedaron e quedan ocultos.

NORABOA A TODA A CLASE E A SÚA MESTRA!!!! 

ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DO SEU TRABALLO. 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...