26/10/17

Esta semana tamén Álvaro López García de 1º B nos recomenda o libro "Cuando a Matías le entraron ganas de hacer pis en la noche de reyes" de Chema Heras e Kiko Dasilva.


"Matías é un neno moi xoguetón, moi amable e un pouco traveso. A noite de reis tivo medo porque sentiu falar aos reis no corredor. No conto pasan cousas como cando lle puxo a comida aos reis e se lle caeu enriba, a un rei caéuselle a coroa... Os reis déronlle a Matías churrasco e un tren de agasallo.
Este libro gustoume moito porque a Matías pásanlle cousas nesta historia moi divertidas que me fixeron rir moito."

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...